tag:blogger.com,1999:blog-7489047196241080076.post2039005915484197102..comments2023-07-21T16:41:07.326+02:00Comments on A VELLA DA MANTA: Nomes de Lugoxosé da casanovahttp://www.blogger.com/profile/15504925399587021237noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-7489047196241080076.post-14931544470427819152008-01-15T19:23:00.000+01:002008-01-15T19:23:00.000+01:00Perdoade que non teña que ver, pero veume ás mente...Perdoade que non teña que ver, pero veume ás mentes, a propósito dun dos topónimos que lin, unha anécdota que nos pasouu nun restaurante de Santiago:
Na carta había na sección de "Pescados" uns tal "harineros", picados pola curiosidade pedímolos.
-Vaia, ho, a estes chámanlles areeiros en Panchés!- dixo un dos compañeiros de mesa.
Non quero nin pensar o que podería pasar cun Campo das Cagallas...SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7489047196241080076.post-55634359353919673332008-01-03T14:46:00.000+01:002008-01-03T14:46:00.000+01:00Ten razón, señor M ou atónito, en todo o que di-Eu...Ten razón, señor M ou atónito, en todo o que di-Eu cheguei a xogar nos restos do Campo da Botella (asistín á construcción da igrexa e xoguei moito nas obras. Alí atopei dunha vez unha cobra debaixo dun saco. Entrábamos por unha xanela na parte de atrás e saíamos por outra debaixo das escaleiras). En canto aos grilos, diso teño falado e escrito moito: había a confusión entre os grilos que acababan de mudar (ceboleiros) e o grilo ceboleiro que tamén chamábamos alacrán ou grilo rei. E dicían que as grilas tiñan tres rabos, mordían, non cantaban e de noite convertíanse en alacráns. Compría reflexionar máis sobre a mestura de realidade e mito nestas historias (as grilas teñen ovopositor, non cantan, morden). Imos vellísimos e os novos non saben nada disto.
En fin. Gosto do seu blogue e dos seus comentarios. Apertasxosé da casanovahttps://www.blogger.com/profile/15504925399587021237noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7489047196241080076.post-89669582142363233802008-01-03T07:52:00.000+01:002008-01-03T07:52:00.000+01:00E, sen ánimo de acaparar espazos, isto tráeme á me...E, sen ánimo de acaparar espazos, isto tráeme á memoria que un dos poemas máis fermosos -e suxerentes para min- que teño lido nunca e un de vostede, señor Xosé da Casanova, no que reflicte á impresión que lle provoca, impresión melancólica de tempo ido, encontrarse coa pel dun grilo que mudou de carboneiro a ceboleiro para logo convertirse nun magnífico príncipe. Polo menos nos meus tempos era así como denominábamos as fases da soberbia metamorfose dos cobizados grilos cantores.

Mal sabiamos daquela que a lividez, esa falta de cor que se traduce na cor acardenalada do que non estivo exposto á influenza da luz, desaparecía ós dous ou tres días precisamente polos efectos da luz.

Repito, qué vellísimos vamos. Algúns.

E grazas pola hospitalidade.atónitohttps://www.blogger.com/profile/17498072729952952856noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7489047196241080076.post-71834974785615500902007-12-31T13:29:00.000+01:002007-12-31T13:29:00.000+01:00Había un topónimo xa irrecuperable, porque quedou ...Había un topónimo xa irrecuperable, porque quedou soterrado baixo a expansión "parroquial". Refírome a O CAMPO DA BOTELLA, onde eu teño xogado e xogado, e mirado como os maiores xogaban o fútbol, cando era neno.

Estaba debaixo das Casas Baratas, onde eu nacín, e hoxe quedou mergullado baixo a expansión inmobiliaria que provocou a creación da Parroquia de San Antonio de Padua.

Xa non me acordo ben, pero é posible que parte da igrexa ocupe o espazo do Campo da Botella.

¡Que lle imos facer! Déume moita rabia -sana- ler en non recordo que novela que os nenos ían xogar ó Campo da Bomba. Nós tiñamos o Campo da Botella. Entre a Rúa Ourense e a Fonte dos Ranchos.

¡Deus, que vellísimos vamos!atónitohttps://www.blogger.com/profile/17498072729952952856noreply@blogger.com