terça-feira, 26 de fevereiro de 2008
CARRACEDO
DENTRO DO INTERESANTE CURSO SOBRE A NOVA MATERIA DE "CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO" ORGANIZADO POLO CEFORE DE LUGO E MÁIS EN CONCRETO POR INÉS BEN, ASISTIMOS Á MÁIS QUE MAGNÍFICA CHARLA DE ÁNGEL CARRACEDO SOBRE XENÉTICA, XENÓMICA E XENÉTICA DE POBOACIÓNS. TODO, A EXPOSICIÓN, A AFABILIDADE E AS SÚAS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS QUE LLE FIXEMOS, DE AUTÉNTICO NIVEL HUMANO E CIENTÍFICO.UNHA MARABILLA.MÁGOA QUE O TEMPO NON DESE PARA MÁIS.
PARARELISMOE ENTRE LUG E WOTAN
O nome do deus Lug, Lugo, Lucus está relacionado co do lobo Lupus, Lykos. Ten a mesma raíz. O lobo (animal nocturno, sol nocturno) é un dos animais de Lugos, que porta unha pel de lobo. É un deus totémico na súa orixe. Sen ser o deus principal, resulta o máis importante. É o deus dos mortos, o Señor dos mortos. O nome Lug significa nalgunhas linguas celtas (alobróxico) corvo. O corvo (Bran) é outro animal de Lugo, por ser sicopompo e estar asociado ao outro mundo (din no Vicedo que os corvos son “levadores”). Plutarco di que Lug é o Corvo de Cronos. Lucos é nome asociado co da madeira, co do bosque (“lucus”). Co bosque sagrado, coa sabedoría. É o “deus sabio”, o “múltiple artesán”. A sabedoría recíbese, por inspiración súa, en santuarios no medio do bosque. É a “sabedoría do Carballo”. A palabra druida está relacionada co Carballo (drus) e coa sabedoría. El mesmo recibiu a sabedoría dun salmón. Lug é vidente, porque é un deus “cego”. É neto de Balor, que só ten un ollo perverso (é un cíclope) e para loitar pecha un ollo, convertíndose de facto en chosco.
Os romanos identificárono con Mercurio, chamáronlle Mercurio galo. É o deus dos camiños, dos viaxeiros, dos ladróns, dos comerciantes (que, a ollos dos galos, eran case a mesma cousa). Como Hermes, por certo. Preséntase coma un vello con capa e carapucha na senlleira corredoira. É un deus da guerra, mais por ser mago ca por ser guerreiro: loita coa súa maxia contra o inimigo. É un mago poderosísimo. Cando fai maxia pecha un ollo e tense nunha soa perna, coma un grou. Ás veces, leva un martelo. É o deus do raio, do trono, da lanza, da tempestade. É representado cunha lanza. É tramposo, mentireiro, ladrón. Lug domina todas as artes, é médium, poeta, patrón dos poetas, curador. Todos os seus fillos son heroes. Ten un caldeiro que resucita aos guerreiros para que sigan loitando.
Wotan vai acompañado por dous lobos, é o Señor dos mortos. Sen ser o deus principal, resulta o máis importante. Leva con el dos corvos, Hugin e Munin. O seu nome relaciónase co da madeira, do bosque : Wood. Tamén coa sabedoría: Wutt. Está en relación cos magos do bosque, cos chamáns, cos “homes-medicina”, cos guerreiros que se enfurecen, coas viaxes ao máis alá, co uso sagrado das drogas, cos carballos. É un “deus cego”, é vidente. Recibiu a sabedoría dun espírito acuático, Mimir. Para iso debeu perder un ollo, é de feito chosco, ten só un ollo; é unha caste de cíclope.
Os romanos identificárono con Mercurio: O mércores é en inglés Wednesday. É o deus dos camiños, do comercio, dos ladróns e dos viaxeros, el mesmo un viaxeiro con capa e carapucha no medio das corredoiras. É un deus combatente que usa a maxia, é o deus da guerra e dos guerreiros que o acompañarán no Paraíso. É o deus do martelo, porque é o deus da temmpestade, do trono, do raio, das nubes entolecidas polo vento, da “ Cacería Salvaxe” ou “Comitiva de Odín”.
É o deus ladrón e mentireiro, tramposo, o deus do venablo e a lanza. Domina as artes, é médium, poeta, patrón dos poetas, curador, os seus fillos son heroes, é o deus dos heroes. Os guerreiros mortos resucitan cada día e seguen loitando, non importa cantas veces morran.
domingo, 24 de fevereiro de 2008
Ta-Shunka-Witko e o amor
Como non me interesan os habanicos, escribirei de algo nada relacionado: de Tristán e Isolda, perdón, de Lanzarote e Xenebra, perdón, de Majnún e Layla, perdón, de Cabalo Tolo e Muller Bisonte Negro.
Cabalo Tolo, Crazy Horse, Ta-Shunka-Witko, no seu último nome sioux (é dicir, lakota. Antes tivo outros dous: Cabelo Rizado, O que Olla os seus Cabalos, e un co que se referían os indios a el, na súa ausencia: O Noso Home Raro). Leo na súa biografía (a de Larry McMurtry, que se pode atopar en Mondadori) que pasaba o tempo desexando a unha muller que non puido ter, Muller Bisonte Negro. Esta rapaza casara en 1863 ou 64 cun home de familia notable, Sen Auga, nunha voda amañada polo tío dela, Nube Vermella. Cabalo Tolo, que tería vinteún anos e estaba namorado, tomouno a mal. Vivía cos Malas Caras, o pobo dela, pero tan logo a rapaza casou, abandonou o campamento. Sen embargo el non casou e roldaba pola casa de Sen Auga. Así durante moitos anos. Moitos anos namorado, sen ser correspondido. Ou si. Ela tivo tres fillos de Sen Auga. El, aínda que de familia pobre, foi elixido polos oglalas un dos “Portadores da Camisa”, o que era un grande honor que o obrigaba a dar exemplo moral, preocuparse polos demais, exercer a caridade, defender á colectividade, ser bo guerreiro e cazador e prescindir do egoísmo. A pesar diso, o grandísimo Cabalo Tolo (que é unha figura militar comparable a César ou Napoleón, e un mito comparable a Cristo ou Arturo para os indios) seguía roldando o tipi de Muller Bisonte Negro. Ela podía divorciarse: non o fixo. El podía facer unha oferta por ela: tampouco o fixo. Conformáronse con este fino amor, do seguinte xeito: fugáronse xuntos un día que Sen Auga foi cazar. Brutal ruptura do costume. Cando volveu, Sen Auga pediulle prestada unha pistola a Touro de Mal Corazón (enténdase que este Touro, como o de Touro Sentado, alude en realidade a un macho de bisonte) e, rompendo tamén tódolos costumes ou leis non escritas dos lakotas, foi por eles, atopounos e disparoulle a Cabalo Tolo na cara. Non morreu. Sobreviviu. Para evitar unha guerra interna entre bandos sioux, Muller Bisonte Negro volveu con Sen Auga. Cabalo Tolo pediu como condición que non fose castigada, e non o foi. Sen Auga agasallou cun cabalo a Cabalo Tolo, como ofrenda de paz, e botoulle a culpa de todo a Anacos, o menciñeiro, dicindo que este lle dera a Muller Bisonte Negro un filtro que lle fixera perder a cabeza.
O cuarto fillo de Muller Bisonte Negro foi unha nena de pel excepcionalmente clara (no que se asemellaba a Cabalo Tolo e non a Sen Auga). A tribo obrigou a Cabalo Tolo a casar con outra muller, Chal Negro. Os anciáns da tribo, que consideraron a Cabalo Tolo culpable, por poñer en perigo a harmonía, quitáronlle a Camisa, por non antepoñer o interese da tribo ao propio. E como non había ningún sucesor digno, os “Portadores da Camisa” foron desaparecendo: non se nomeou ningún máis. A continuación, veu a devastación sobre a Terra dos sioux. Ao final, Cabalo Tolo foi traizoado por un dos seus, Pequeno Grande Home e asasinado polos soldados americanos e por Touro de Mal Corazón. Tamén foi morto Touro Sentado. E os indios agardaron, ou agardan, a volta dos seus líderes e a Danza dos Espíritos.
Se a historia non lembra a de Tristán e Iseo, baixe Deus e véxao. ¿Non é Cabalo Tolo un cabaleiro da Táboa Redonda? ¿Non é o seu adulterio causa da desolación? ¿Non é ao mesmo tempo Arturo e Lanzarote? ¿Non agardan os indios o Grial? ¿Non é Muller Bisonte Negro como Iseo? A parvada esa de que o amor foi inventado nunha corte provenzal e importado a París por Alíenor de Aquitania é de risa. Unha cousa é o amor, mesmo o amor conxuxal, e outra o fino amor, o amor cortés, a consideración da dama, que é o que si levou Leonor ao frío norte. O amor de perdición non é propio dos europeos, nin da Idade Media, nin da Idade Moderna. ¡Que presunción! O namoramento é un feito biolóxico. O amor tamén. ¿Que o inventaron os trobadores? Va que non. Só non cre no amor quen nunca o sentiu. ¿Que é logo isto?: Tanto amare, tanto amare, habib, tanto amare, enfermaron uellos gaios e agora.... etc ¿Os musulmáns non coñecen o amor? E isto: ¡Volveu a miña amada! ¡Deixade que pregoe a boa nova con todos os meus folgos, que a aperte nos meus brazos! Báteme o corazón pola cámara escura do meu peito como poldro sen freo ou como ledo latexar de peixe mentres a noite apousa sobre o estanque. Ti es miña, miña dona, eternamente miña, desde a primeira vez que, tatexante, dixéches o meu nome. ¿Eran provenzais os vellos exipcios?
¿E isto?: A súa coxa esquerda, privada dos sucos das miñas uñas, que o destino mantén desprovista dos colares de perlas que a cinguían outrora, e que sente saudade das caricias das miñas mans ás que estaba afeita ao final da nosa unión, que semella pola súa cor un tronco de plátano zumegando seiva.... ¿Era Kalidasa occitano?
Por certo, Cabalo Tolo ten agora a estatua máis grande do mundo: unha montaña enteira, a Thunderhead Mountain. É obra da familia de escultores Ziolkowski, que tardaron 50 anos en facela. Está en Dakota do Sur, nas Black Hills, Pa Sapa. Aos seus pés, un lugar que chaman Custer. Ironías do destino. Custer foi derrotado por Cabalo Tolo e volve ser derrotado. Ninguén sabe onde enterraron ao indio asasinado. Pero foi e ha volver.
terça-feira, 19 de fevereiro de 2008
segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008
quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008
O Escritor Atónito
quarta-feira, 13 de fevereiro de 2008
segunda-feira, 11 de fevereiro de 2008
Balanço do filho morto
Vinicius de Moraes
Balanço do filho morto
Homem sentado na cadeira de balanço
Sentado na cadeira de balanço
Na cadeira de balanço
De balanço
Balanço do filho morto.
Homem sentado na cadeira de balanço
Todo o teu corpo diz que sim
Teu corpo diz que sim
Diz que sim
Que sim, teu filho está morto.
Homem sentado na cadeira de balanço
Como um pêndulo, para lá e para cá
O pescoço fraco, a perna triste
Os olhos cheios de areia
Areia do filho morto.
Nada restituirá teu filho à vida
Homem sentado na cadeira de balanço
Tua meia caída, tua gravata
Sem nó, tua barba grande
São a morte
são a morte
A morte do filho morto.
Silêncio de uma sala: e flores murchas.
Além um pranto frágil de mulher
De encontro à mesa, à estante, à pedra mármore
Um pranto... o olhar aberto sobre o vácuo
E no silêncio a sensação exata
Da voz, do riso, do reclamo débil.
Da órbita cega os olhos dolorosos
Fogem, moles, se arrastam como lesmas
Empós a doce, inexistente marca
Do vômito, da queda, da mijada.
Do braço foge a tresloucada mão
Para afagar a imponderável luz
De um cabelo sem som e sem perfume.
Fogem da boca lábios pressurosos
Para o beijo incolor na pele ausente.
Nascem ondas de amor que se desfazem
De encontro à mesa, à estante, à pedra mármore.
Outra coisa não há senão o silêncio
Onde com pés de gelo uma criança
Brinca, perfeitamente transparente
Sua carne de leite, rosa e talco.
Pobre pai, pobre, pobre, pobre, pobre
Sem memória, sem músculo, sem nada
Além de uma cadeira de balanço
No infinito vazio... o sofrimento
Amordaçou-te a boca de amargura
E esbofeteou-te palidez na cara.
Ergues nos braços uma imagem pura
E não teu filho; jogas para cima
Um bocado de espaço e não teu filho
Não são cachos que sopras, porém cinzas
A asfixiar o ar onde respiras.
Teu filho é morto; talvez fosse um dia
A pomba predileta, a glória, a messe
O teu porvir de pai; mas novo e tenro
Anjo, levou-o a morte com cuidado
De vê-lo tão pequeno e já exausto
De penar – e eis que agora tudo é morte
Em ti, não tens mais lágrimas, e amargo
É o cuspo do cigarro em tua boca.
Mas deixa que eu te diga, homem temente
Sentado na cadeira de balanço
Eu que moro no abismo, eu que conheço
O interior da entranha das mulheres
Eu que me deito à noite com os cadáveres
E liberto as auroras do meu peito:
Teu filho não morreu! a fé te salva
Para a contemplação da sua face
Hoje tornada a pequenina estrela
Da tarde, a jovem árvore que cresce
Em tua mão: teu filho não morreu!
Uma eterna criança está nascendo
Da esperança de um mundo em liberdade.
Serão teus filhos, todos, homem justo
Iguais ao filho teu; tira a gravata
Limpa a unha suja, ergue-te, faz a barba
Vai consolar tua mulher que chora...
E que a cadeira de balanço fique
Na sala, agora viva, balançando
O balanço final do filho morto.
in Antologia Poética
in Poesia completa e prosa: "O encontro do cotidiano"
sábado, 9 de fevereiro de 2008
HITCHCOCK E AS PAPAS
Aló polo 1964, tendo eu nove anos, meu amigo Jose, o Jose das Medias (José Real), que tería 12, contoume un conto. A min e a moitos outros, que faciamos curro. El non o lembrará, eu si. Daquela os nenos do barrio que cadraba entre O Castiñeiro, o Agro do Rolo, as Casas Baratas e o Camiño Vello contábamos moitos contos. Contos que lles oíamos aos maiores, xa ora, e que circulaban entre nós tal cal, sen moita discriminación. Ao revés, canto máis picante o conto, máis éxito tiña. Contos que procedían do campo, como os pais de todos nós. Contos que, en moitos casos, tiñan centos de anos, aínda que eu iso non o sabía entón. Cando, abraiados ao ver que se publicaban en galego os contos verdes casteláns e mesmo bretóns, sen haber ningún estudio nin edición dos galegos, sen que se lles concedese ningún aprecio nin se lles dese ningún valor, pois ao fin a ignorancia despreza canto ignora, cando, abrumados, digo, por este mostra de autoodio, decidimos editar unha recompilación dos contos pilleirentos galegos co nome de “Contos Colorados”, lembrei o conto do Jose. Púxeno no libro tal cal (teño unha memoria privilexiada). Aí vai:
Eran dous amigos e un casou e marchou para lonxe, vivir coa muller. Total, que pasaron os anos e non volveran verse, Pero un día o amigo solteiro tivo que ir para ó lugar onde vivía o outro e claro, o casado deulle casa e alegrouse moito de velo. A muller estabache moi boa, aínda era nova e o solteiro non facía máis ca mirar para ela ó escuso, aínda que ela ben que o notaba, que as mulleres para eso son o demo.
A primeira noite cearon e o solteiro quedou cunha fame doente, que aqueles eran xentes de pouca comida, e o que lle deron das papas que fixeran non lle chegou para un dente. Pero como eles comeran tan pouco coma el, e como xa perdera moita da confianza co seu compadre, deixou estar a cousa. No momento se deitaren, viu que só había unha cama, cousa que non foi problema ningún, porque nun extremo deitouse a muller, no medio o home e do outro lado o amigo, que non facía máis ca pensar nas papas e oír como lle ruxían as tripas baleiras.
A eso da medianoite viñeron chamar o dono da casa para que fose axudar a parir a unha vaca dos veciños, e claro, foi. Tan logo saíu pola porta a muller espiuse e, amosándolle as tetas ao amigo, díxolle:
¡Aproveita! ¡Veña, home, aproveita!
E vai el e sen que llo digan dúas veces lanzouse á artesa e púxose a lapar as papas.
Cando fixen as notas diste conto, que leva o número 106 no noso libro, non atopei o tipo no Catálogo Tipolóxico de Aarne e Thompson, polo que crin que , se cadra, se trataba dun conto propiamente galego. Só, como se pode ver, dimos cun moi semellante en Más de 21.000 refranes, de Rodríguez Marín.
Mais, repasando a entrevista de Truffaut a Hitchcock (O cine segundo Hitchcock) que, a pesar da miña boa memoria, xa esquecera, atópome co conto. Reproduzo literalmente unha vella historia licenciosa, como lle chama o Gordo:
A pesar da miña admiración por John Buchan, hai moitas cousas na película (39 escalóns) que non están no libro; como tal, a escea da noite que Robert Donat pasa co granxeiro e a súa muller inspirouma unha historia licenciosa moi antiga. Un granxeiro bóer da África do Sur, moi frugal, cunha enorme barba negra, ten unha muller moza, insatisfeita e famenta de sexo. O día do cumpreanos do home mata un polo e fai con el unha torta. É unha noite de trebón e ela agarda que a torta sexa unha sorpresa feliz para o marido. Pero el, enfurecido, repróchalle que matase un polo sen o seu permiso. Triste noite de aniversario.
Alguén peta na porta É un guapo estranxeiro que anda perdido A granxeira mándao sentar e dálle de comer. O granxeiro non deixa que coma moito e dille: “Coidado, iso ten que alimentarnos toda a semana”. A muller devora ao estranxeiro cos ollos e pregúntase: “Cómo podería deitarme con el?” O home quere deitar ao estranxeiro na caseta do can. A muller oponse e finalmente déitanse os tres na cama grande. O granxeiro dorme no medio. A muller faría o que fose para librarse do marido. Escoita un ruído, esperta e dille ao home: “Creo que liscaron as pìtas”. O home érguese, sae, anda polo patio. A muller sacode ao estranxeiro e dille: “Bule, bule, vén, agora é o momento!” O estranxeiro érguese rapidamente e... bótase á torta de polo.
A nota de Truffaut engade: esta historia foi filmada en 1951 por Carlo Rim para Les Sept Péchés Capitaux (Skecht, La Gourmandise).
Claro que, en 1964, o Jose non sabía quen era Hitchcock e moito menos Rim.
E agora a miña pregunta, cantos tesouros se perderon xa sen remedio? Non existía ninguna versión na Galiza (nin seguramente na Península) deste conto. Con cantos pasará o mesmo? Se o Jose non mo contase aquela afastada tarde, deste non quedaría nin rastro. En fin.
Negra i criminal
Estivemos, con Diego Ameixeiras e Joaquim Ventura, na BCNegra 2008. Todo marabilla. Os cataláns (moitos na mesa redonda) pregúntanse por que non hai máis escritores galegos traducidos a castelán/catalán. Non soubemos contestarlles ben. Alén diso, amosaron interese e curiosidade polo noso. Hai que agradecerlle a Paco Camarasa, organizador do evento e propietario da librería "Negra i criminal", situada na Barceloneta, que nos convidase e que se amosase disposto a abrir no seu local unha sección de literatura policial galega.Beizóns e parabéns.
Assinar:
Postagens (Atom)