terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

PARARELISMOE ENTRE LUG E WOTAN



O nome do deus Lug, Lugo, Lucus está relacionado co do lobo Lupus, Lykos. Ten a mesma raíz. O lobo (animal nocturno, sol nocturno) é un dos animais de Lugos, que porta unha pel de lobo. É un deus totémico na súa orixe. Sen ser o deus principal, resulta o máis importante. É o deus dos mortos, o Señor dos mortos. O nome Lug significa nalgunhas linguas celtas (alobróxico) corvo. O corvo (Bran) é outro animal de Lugo, por ser sicopompo e estar asociado ao outro mundo (din no Vicedo que os corvos son “levadores”). Plutarco di que Lug é o Corvo de Cronos. Lucos é nome asociado co da madeira, co do bosque (“lucus”). Co bosque sagrado, coa sabedoría. É o “deus sabio”, o “múltiple artesán”. A sabedoría recíbese, por inspiración súa, en santuarios no medio do bosque. É a “sabedoría do Carballo”. A palabra druida está relacionada co Carballo (drus) e coa sabedoría. El mesmo recibiu a sabedoría dun salmón. Lug é vidente, porque é un deus “cego”. É neto de Balor, que só ten un ollo perverso (é un cíclope) e para loitar pecha un ollo, convertíndose de facto en chosco.
Os romanos identificárono con Mercurio, chamáronlle Mercurio galo. É o deus dos camiños, dos viaxeiros, dos ladróns, dos comerciantes (que, a ollos dos galos, eran case a mesma cousa). Como Hermes, por certo. Preséntase coma un vello con capa e carapucha na senlleira corredoira. É un deus da guerra, mais por ser mago ca por ser guerreiro: loita coa súa maxia contra o inimigo. É un mago poderosísimo. Cando fai maxia pecha un ollo e tense nunha soa perna, coma un grou. Ás veces, leva un martelo. É o deus do raio, do trono, da lanza, da tempestade. É representado cunha lanza. É tramposo, mentireiro, ladrón. Lug domina todas as artes, é médium, poeta, patrón dos poetas, curador. Todos os seus fillos son heroes. Ten un caldeiro que resucita aos guerreiros para que sigan loitando.

Wotan vai acompañado por dous lobos, é o Señor dos mortos. Sen ser o deus principal, resulta o máis importante. Leva con el dos corvos, Hugin e Munin. O seu nome relaciónase co da madeira, do bosque : Wood. Tamén coa sabedoría: Wutt. Está en relación cos magos do bosque, cos chamáns, cos “homes-medicina”, cos guerreiros que se enfurecen, coas viaxes ao máis alá, co uso sagrado das drogas, cos carballos. É un “deus cego”, é vidente. Recibiu a sabedoría dun espírito acuático, Mimir. Para iso debeu perder un ollo, é de feito chosco, ten só un ollo; é unha caste de cíclope.
Os romanos identificárono con Mercurio: O mércores é en inglés Wednesday. É o deus dos camiños, do comercio, dos ladróns e dos viaxeros, el mesmo un viaxeiro con capa e carapucha no medio das corredoiras. É un deus combatente que usa a maxia, é o deus da guerra e dos guerreiros que o acompañarán no Paraíso. É o deus do martelo, porque é o deus da temmpestade, do trono, do raio, das nubes entolecidas polo vento, da “ Cacería Salvaxe” ou “Comitiva de Odín”.
É o deus ladrón e mentireiro, tramposo, o deus do venablo e a lanza. Domina as artes, é médium, poeta, patrón dos poetas, curador, os seus fillos son heroes, é o deus dos heroes. Os guerreiros mortos resucitan cada día e seguen loitando, non importa cantas veces morran.

Um comentário:

O disse...

Casualidades?
Que nom tal.
E Sam Froilam co seu lobo?
E as cochorras, os corvos-cereijeiros da catedral?
A espécie deste córvido é infrequente na Galiza.
Lugo: lug
London: Lug-dunnun.
Ali na torre de Londres tenhem-lhe as asas cortadas aos corvos para que nom marchem.

Agradecido por compartir.