quarta-feira, 9 de janeiro de 2008

A nena pálida


A nena pálida, de recente aparición, consta de tres contos:
A nena pálida
Aprendendo a nubeira
Un trasno no Tour de Francia
O primeiro relato é absolutamente inédito. O segundo xa fora publicado na revista CLIJ e o terceiro, no libro Contos do Museo, de Lugo. Os tres teñen temática realista-fantástica: pantasmas de vivos, nubeiras aprendices que cursan primaria e trasnos lucenses cabreados.
As ilustracións (estupendas) son de Ramón Trigo. A que reproduzo correspóndese co terceiro dos contos

Um comentário:

folerpa disse...

Falando do trabllo de Trigo, eu gusto moito da ilstración desa estadea de esqueletos ciclistas.
Da execelencia do tetxo non é preciso que eu diga ren, sábese.