sábado, 5 de julho de 2008

O CASTRO DA ATALAIA



Se vostede entra nestas páxinas: http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia/; http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-atalaia-1/; http://www.slideshare.net/ CastroAtalaia/castro-da-atalaia-2/; http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-3/, poderá ver o seguinte:

Promociones San Ciprián proxecta construír o seu “Residencial Faro de San Ciprián”, tres edificios de 5 pisos e 100 vivendas, xusto por riba do Castro da Atalaia. Hai tres parcelas afectadas. Na páxina web da Promotora anúnciase a obra como “unha situación única en España”, xa que é o “único conxunto residencial que ofrece a posibilidade de residir nas inmediacións dun faro” e en primeira liña de costa.

O alcalde de Cervo, concello ao que pertence San Cibrao, autoriza 100 vivendas sobre o castro, dando tres licencias para levantar tres edificios. O castro é milenario, e todo o mundo sabe que está alí, aínda que no Concello non consta que haxa restos arqueolóxicos, ou iso se di. Os veciños avisan á Consellería de Cultura. O Concello tarda catro días en notificarlle ao constructor que ten que suspender as obras. Mentres, máis de 1000 m2 foron estragados e sacados en anacos en camións que os levaron ata a entulleira na vila de Xove.

As obras continuaron aínda despois, malia prohibilas Cultura mentres non se inventaríe a zona. Abriuse unha investigación xudicial no Xulgado de Viveiro pola denuncia interposta polo fiscal xefe da Audiencia Provincial de Lugo “pola demora na orde de paralización das obras que provocaron a destrucción dos restos”. O baleirado da parcela, dise, foi case total, 1000 m2. Porén, a finca media 1648. 648 estaban intactos. O luns 3 de setembro continuábase a destruír o terreo. O Concello comunicara a paralización en 8 de xuño.

Os veciños denuncian os feitos ao Delegado de Cultura. Este considerouno irrelevante, asegurando que só se salvaran 200 m. Sen embargo, documentos firmados polo arqueólogo provincial demostran o contrario. O dato dos 200 m sacárono dos informes do arqueólogo pagado polo promotor. Así, a Consellería de Cultura dá por bo o que lle convén á construtora. Hai, ademais, unha gravación de TVG que amosa que eran 648 m, e non 200, os que quedaran (a 15 de xuño). En agosto e setembro, a promotora retira con pa mecánica unha capa de area de entre 60 cm e 2 m de altura, na segunda parcela. O 3 de setembro a empresa de arqueoloxía AXA, contratada e pagada polo construtor, comeza as sondaxes da parcela (despois de lle meter a pa). Os veciños denuncian de novo que non houbo o preceptivo control arqueolóxico e que se cometeron irregularidades, que se destruíron estruturas e capas fértiles arqueolóxicamente. Porén, Patrimonio e Cultura permiten que os mesmos arqueólogos pagados pola Promotora fagan as novas escavacións.

En novembro a construtora destrúe unha nova franxa de terreo. ADEGA denuncia os feitos. Cultura (esa nosa Consellaría) o único que fai é preguntarlle e ao arqueólogo da construtora se é certo. Este recoñece os feitos, pero di que foron na zona baleirada en xuño.

Lévanse a cabo voladuras de rocha no castro (febreiro de 2008). Unha nova parcela é destruída a partir do 7 de marzo.

A que agardan os representantes do pobo, a Conselleira, o Director do Patrimonio?

Non vou ser eu quen dea a desposta. É evidente.

2 comentários:

fgul disse...

ou sexa; o conto de sempre!!

...é indignante o que pasa neste país.

Anônimo disse...

Moitas das informacións contidas na exposición do tema non son certas. En primeiro lugar o outorgamento das licenzas é previo á aparición do castro e, unha vez aparecido, esta a ser a propia Consellería de Cultura, organismo competente na protección do patrimonio y única administración con arqueólogos, a que está a permitir a continuidade das obras. Pero claro iso non volo contan