Aquel barco pirata era un bricbarca
de sólida madeira de carballo
e paseaba nel, de couso a arca,
ese torvo e magnífico espantallo,
o vello capitán, que a cada paso
golpeaba coa perna artificial
nas táboas da cuberta, e por acaso
bramaba contra o ben e contra o mal.
Aquel barco pirata era un bricbarca
e o vello capitán pasaba as horas
contando os pasos e a tripulación,
e gobernaba ao chou, coma un monarca,
e soñaba co brillo das ardoras
e cun ovo de morto tiburón.
(Extraído do libro "Piratas polo Miño")
2 comentários:
Nas UVAS e no GALICIA HOXE do domingo, cita do Diccionario dos Seres Míticos Galegos, con reproducción da portada:
"Unha das novas culturais do ano foi a aparición en Edicións Xerais do Diccionario dos seres míticos galegos, preparado por Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda e ilustrado, e forma magnífica, polo debuxante cubano, hoxe xa falecido, Lázaro Enríquez. Magnífica obra de referencia da nosa cultura popular e do patrimonio oral dos devanceiros. Os mesmos autores e editorial puñan ademais en marcha esa marabilla que é a serie ‘Cabalo Buligán’."
SAÚDOS.
Señor da Csanova
Estiven a buscar polo blog un correo electrónico para poñerme en contacto con vostede e non o atopei. Quería facerlle un pedido e non me sinto moi cómoda aquí, á vista de tanta xente.
Postar um comentário